| |
 |
Construcciones
Mon, S.L. é unha
empresa familiar constituída como sociedade limitada
dende 1.978 en Burela por Manuel Mon Rouco, como continuación
dunha labor familiar iniciada polo seu avó a finais
do século XIX e continuada
polo seu pai.
Na
actualidade contamos con delegacións nas distintas provincias
da Comunidade Autónoma de Galicia, dotadas dun equipo de
profesionais ben formados, cos coñecementos técnicos
axeitados e un alto grado de especialización. Hoxe continuamos
ampliando o ámbito territorial ás comunidades veciñas
de Asturias, Castela e León e Norte de Portugal, así como ó resto
de España.
A forte implantación
en Galicia e a nosa forma de actuación, permítenos
ofrecer unha xestión personalizada, rápida e eficaz.
A meta prioritaria é ofrecer ós
nosos clientes un nivel óptimo de calidade e servicio. Para
iso esforzámonos en entende-las súas esixencias e
da-la resposta máis adecuada para axudarlle a facer realidade
os seus proxectos.
Así entendemos
o noso cometido de empresa líder no sector da construcción,
e dende unha destacada situación de líderazgo Construcciones
Mon, S.L. é sinónimo de calidade.
Cada día
son máis as empresas e institucións que confían
en nos, e son eles os que nos impulsan a continua-la nosa labor
reforzándoa con novas ideas y proxectos. |
|